Hola, en la misma web de La Academiatienes los ejercicios que componen el proceso (por lo menos los de la anterior OPE. Yo creo que es concurso-oposición pero no estoy seguro.
Saludos y suerte.
Primeiro exercicio, consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 100 preguntas tipo test, máis 3 preguntas de reserva, con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta, correspondentes á parte común e especifica da respectiva escala.
Os/as aspirantes procedentes da quenda de promoción interna estarán exentos neste exercicio da parte común do programa.
O exercicio terá unha duración máxima de dúas horas.
O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas esixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que por cada 3 respostas incorrectas se descontará unha correcta.
Segundo exercicio, os aspirantes deberán desenvolver por escrito 2 temas, a elixir entre 4, obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman a parte específica do programa.
O exercicio terá unha duración máxima de tres horas.
O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para obter esta puntuación mínima.
Terceiro exercicio. Os/as aspirantes deberán realizar por escrito un suposto práctico de desenvolvemento que elixirán entre 2 propostos polo tribunal sobre os temas que integran a parte específica do programa.
Para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta.
O exercicio terá unha duración máxima de 3 horas.
O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para acadar esta puntuación mínima.
Cuarto exercicio, que constará de dúas probas:
Primeira: tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.
Segunda: tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.
O exercicio terá unha duración máxima de 1 hora.
O exercicio valorarase como apto ou non apto
Estarán exentos de realizar este exercicio os/as aspirantes que acrediten que dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo posuían o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado.
Saludos y suerte.
R. Freire