- 05 Sep 2008, 11:11
#108293
(una gran parte esta en gallego, espero no tengais dificultades para entenderlo)
CONSULTA A LA ADMINISTRACION COMPETENTE:
SOLICITO ACLARACION, DEBIDO A LA DISPARIDAD DE OPINIONES EN EL SECTOR.
ESTUDIO DE INGENIERIA SOLO REALIZAMOS LABORES COMO PROYECTISTAS Y DIRECTORES DE OBRA EN OBRAS DE CONSTRUCCION.
PRESENCIA EN OBRA PARA TOMA DE DATOS, SUPERVISION, ASESORAMIENTO TÉCNICO Y CONTROL DE EJECUCION
ES OBLIGATORIA LA INSCRIPCICON EN EL REA?
RESPUESTA:
Estimada cidadá, estimado cidadán:
En relación a súa solicitude, según correo recibido o día 22, informámoslle de que para o caso de empresas de asesoramento técnico se as suas labores supoñen a presenza física na obra do personal por conta allea desta empresa exercendo facultades de dirección e control efectivo sobre os traballos executados pola outra empresa procede inscripción no REA
Para calquera consulta ou aclaración, lembrámoslle que estamos ao seu dispor no número de teléfono 012.
Atentamente
Xunta de Galicia
NO CONFORME VUELVO A PLANTEAR:
En relación coa sua contestacion deberemos entender que é obrigatoria a inscripción no REA; se ben a inscripcion no REA é un requisito que establece a Lei 32/2006 no artigo 4, que se esixe as empresas Contratistas e Subcontratistas; e no artigo 3 de definicións considera contratistas ou subcontratistas aqueles que executan a totalidade o partes da obra con suxección ó proxecto.
Polo tanto, se é esixible que unha empresa de asistencia técnica, como é o caso, se incriba no REA, debemos entendeer que esa empresa ten a consideración de contratista ou subcontratista. Tamén o terá enton un servicio de prevencion de riscos que acude a unha obra para facer un seguimento dos traballos do seu cliente; ou un estudo de arquitectura, (facendo labores de dirección de obra); ou un estudio de topografía (facendo labores de medición e replanteo), ou a propia empresa de coordinacion de seguridade e saude, ou un organismo de control autorizado (OCA); ou unha empresa que fai un estudio xeotécnico; ou unha empresa que recolle mostras para análise (probetas de formigón), ou unha empresa que fai a revisión dos extintores da obra ou da maquinaria, ou unha empresa de control medioambiental...; todos eles deben incribirse no REA (posto que son contratados ou subcontratados e con presenza na obra de persoal por conta allea), e polo tanto todos eles terán consideración de contratistas ou subcontratistas. Sen embargo, na maioria dos caso, non executan traballos que se recollan en proxecto.
Se esto é así todos eles deberán redactar o correspondente Plan de Seguridade e Saúde para cada obra en concreto (tal como establede o RD1627/97) o cal deberá ser aprobado pola administración (de ser obra pública) ou polo coordinador de seguridade e saude; e, de ser o caso deberán figurar no libro de subcontratación.
¿Esto é así?
Simplemente, e como empresario afectado, poño enriba da mesa esta dúbida razonable, esperando a súa pronta contestación.
ESPERO Y NO OBTENGO RESPUESTA, REINCIDO:
A espera da sua contestacion reenvio correo electroico de data 22/08/08
ME CONTESTAN:
Estimada cidadá, estimado cidadán:
En relación a súa consulta, según correo recibido o día 22 de agosto, informámoslle de que esta foi remitida a Autoridade Laboral competente, a cal, enviou a consulta ó Ministerio de Traballo. Estamos a espera de recibir a información para poder contestar á súa dúbida.
Para calquera consulta ou aclaración, lembrámoslle que estamos ao seu dispor no número de teléfono 012.
Atentamente,
Xunta de Galicia
Y AL CABO DE UNOS DIAS!!!!!!!!!!!!!:
Estimados señores:
Enviámoslle o criterio que estamos a utilizar para inscribir ou non empresas no REA.
ASUNTO: REA. Criterio para a inscrición de empresas
En resposta seu correo electrónico en relación coa necesidade de determinar que empresas teñen obriga de se inscribir no Rexistro de Empresas Acreditadas (REA), referido en concreto aos labores que desenvolve a súa empres, debemos informarlles do seguinte:
Á vista do establecido no artigo 2 da Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción, o seu ámbito de aplicación son:
Artigo 2. Ámbito de aplicación
A presente lei será de aplicación aos contratos que se realicen, en réxime de subcontratación, para a execución dos seguintes traballos realizados en obras de contrución:
Escavación; movemento de terras; construción; montaxe e desmontaxe de elementos prefabricados; acondicionamentos ou instalacións; transformación; rehabilitación; reparación; desmantelamento; derrubamento; mantemento; conservación e traballos de pintura e limpeza; saneamento.
En relación con este artigo, as actividades da súa empresa, non estarían dentro do ámbito de aplicación desta lei.
Así mesmo, se atendemos as definicións dadas no artigo 3, que di textualmente:
Artigo 3. Definicións
A efectos desta lei entenderase por:
a. Obra de construción ou obra: calquera obra, pública ou privada, na que se efectúen traballos de construción ou de enxeñería civil.
b. Promotor: calquera persoa física ou xurídica por conta da cal se realice a obra.
c. Dirección facultativa: o técnico ou técnicos competentes designados polo promotor, encargados da dirección e do control da execución da obra.
d. Coordinador en materia de seguridade e de saúde durante a execución da obra: o técnico competente integrado na dirección facultativa, designado polo promotor para levar a cabo as tarefas establecidas para este coordinador na regulamentación de seguridade e saúde nas obras de construción.
e. Contratista ou empresario principal: a persoa física ou xurídica, que asume contractualmente ante o promotor, con medios humanos e materiais, propios ou alleos, o compromiso de executar a totalidade ou parte das obras con suxeición ao proxecto e ao contrato.
Cando o promotor realice directamente con medios humanos e materiais propios a totalidade ou determinadas partes da obra, terá tamén a consideración de contratista aos efectos da presente lei; así mesmo, cando a contrata se faga cunha unión temporal de empresas, que non execute directamente a obra, cada unha das súas emrpesas membro terá a consideración de empresa contratista na parte da obra que execute.
f. Subcontratista: a persoa física ou xurídica que asume contractualmente ante o contratista ou outro subcontratista comitente o compromiso de realizar determinadas partes ou unidades de obra, con suxeición ao proxecto polo que se rexe a súa execución. As variantes desta figura poden ser as de primeiro subcontratista (subcontratista cuxo comitente é o contratista), segundo subcontratista (subcontratista cuxo comitente é o primeiro subcontratista) e así sucesivamente.
g. Traballador autónomo: a persoa física distinta do contratista e do subcontratista, que realiza de forma persoal e directa unha actividade profesional, sen suxeición a un contrato de traballo, e que asume contractualmente ante o promotor, o contratista ou o subcontratista o compromiso de realizar determinadas partes ou instalacións da obra. Cando o traballador autónomo empregue na obra a traballadores por conta allea, terá a consideración de contratista ou subcontratista aos efectos da presente lei.
h. Nivel de subcontratación: cada un dos chanzos nos que se estrutura o proceso de subcontratación que se desenvolve para a execución da totalidade ou parte da obra asumida contractualmente polo contratista co promotor.
Destas definicións dedúcese claramente que as figuras de contratista e subcontratista están perfectamente diferenciadas e baseadas no feito de realizar a totalidade ou parte da obra con suxeición ao proxecto e ao contrato, o que tampouco é o caso da súa empresa. Ademais, define aos coordinadores e directores de obra como figuras distintas.
Por último, o artigo 4 desta Lei 32/2006, establece cales son os:
Artigo 4. Requisitos esixibles aos contratistas e subcontratistas.
1. Para que unha empresa poida intervir no proceso de subcontratación no sector da construción, como contratista ou subcontratista, deberá:
a. Posuír unha organización produtiva propia, contar cos medios materiais e persoais necesarios, e utilizalos para o desenvolvemento da actividade contratada.
b. Asumir os riscos, obrigas e responsabilidades propias do desenvolvemento da actividade empresarial.
c. Exercer directamente as actividades de organización e dirección sobre o traballo desenvolvido polos seus traballadores na obra e, no caso dos traballadores autónomos, executar o traballo con autonomía e responsabilidade propia e fóra do ámbito de organización e dirección da empresa que o contratara.
2. Ademais dos anteriores requisitos, as empresas que pretendan ser contratadas ou subcontratadas para traballos dunha obra de construción deberán tamén:
a. Acreditar que dispoñen de recursos humanos, no seu nivel directivo e produtivo, que contan coa formación necesaria en prevención de riscos laborais, así como dunha organización preventiva adecuada á Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
b. Estas inscritas no Rexistro de Empresas Acreditadas ao que se refire o artigo 6 desta lei. (...)
Deste artigo dedúcese, claramente, que son obrigas, EXCLUSIVAS DOS CONTRATISTAS E SUBCONTRATISTAS, segundo a definición do artigo 3 antes transcrito.
Polo tanto, o resto das figuras recollidas nesta lei non poden intervir no proceso e, en consecuencia, non se deben inscribir no REA.
Esta Autoridade Laboral, polo tanto, para preservar o espírito da Lei 32/2006, recollido na súa exposición de motivos, de garantir que as empresas que participan nos procesos de contratación e subcontratación teñan unha mínima estrutura organizativa e cumpran cos requisitos nela establecidos, evitando así a entrada na cadea de subcontratación de empresas que non cumpren eses mínimos, non está a autorizar o rexistro de empresas que incumpran calquera dos preceptos aquí indicados e os restantes establecidos na lei e no RD 1109/2007, do seu desenvolvemento.
Por todo o dito, de non cumprir os requisitos denegaríase a inscrición.
Un saúdo.
QUE? QUE OS PARECE?